Forza inimiga
-
Idiomas
- Gallego
-
Género
- Traducción
- Autor: John Antoine Nau
- Idioma: Galego
- Tradutora: Sara Rodríguez Pérez
- Data de publicación: abril de 2026
Sinopse:
Philippe Veuly esperta unha mañá nun sanatorio, lúcido e consciente, pero baleiro de lembranzas sobre o motivo do seu internamento. Guiado polo seu coidador, percorre os corredores do centro, coñece os demais residentes e queda fondamente namorado dunha fermosa paciente do pavillón fronteiro. A aparente calma da súa nova vida racha cando comezan a manifestarse estraños trastornos psíquicos e inquietantes alucinacións. Kmôhoûn, un ser procedente do planeta Tkoukra, busca acubillo no corpo dun terrícola para fuxir das extremas condicións do seu mundo natal. Desde entón, Philippe Veuly xa non está só dentro de si mesmo. O seu novo inquilino, cínico, provocador e profundamente amoral, posúe a capacidade de someter a vontade do seu anfitrión, obrigándoo a actuar e a falar ao seu antollo.