A escritora

8
  • Linguas
    • Galego
  • Xénero
    • Tradución
  • Editorial
    • Hugin e Munin
  • Autor
    • Madame de Genlis

A escritora, relato recollido en 1802 na recompilación Nouveaux contes moraux et nouvelles historiques, disfraza a experiencia persoal de Madame de Genlis no mundo das letras mediante unha intriga amorosa.

A protagonista é Natalie, unha moza viúva e cultivada que dá renda solta ao seu gusto por escribir, froito do seu espírito curioso e a súa grande imaxinación. Malia as advertencias da súa asisada irmá Dorothée, quen lle recomenda que manteña a súa afección na esfera privada, temorosa de que a fantasía comprometa a súa reputación, Natalie publica as súas obras e acada axiña éxito e recoñecemento. Por mor da súa crecente celebridade e tras varias peripecias sentimentais, a protagonista terá que sacrificar a súa historia de amor con Germeuil, quen, a pesar de amala, se sente traizoado pola súa fama.

A historia ilustra con ironía as dificultades coas que batían as mulleres escritoras nos séculos XVIII e XIX, poñendo en escena dous papeis femininos contrarios neste contexto: o de Dorothée, consagrada á familia e boa esposa; e o de Natalie, amante do coñecemento e a liberdade.

 

En línea

Boulevar. Libraría y Edicións

👋 Ola! Grazas por contactar connosco. Dinos como podemos axudarche e responderémosche canto antes.

23:45