A infancia dun xefe

12
  • Linguas
    • Galego
  • Xénero
    • Tradución
  • Editorial
    • Hugin e Munin
  • Autor
    • Jean-Paul Sartre

A infancia dun xefe apareceu por vez primeira na compilación intitulada Le Mur (1939). Para desgraza de personaxes tan sinistros coma o pronazi Robert Brasillach, que cualificou a obra de aburrida e malsá, acadou un éxito notable, entre outras razóns pola habilidade indiscutible do autor para plasmar fielmente o ambiente convulso que precedeu ao auxe do fascismo e moitas das inquietudes do seu tempo. Trátase dunha novela curta de formación, onde o muro ou parede non é físico senón psicolóxico, alzado entre Lucien, o antiheroe protagonista chamado a suceder o seu pai á fronte dunha fábrica, e o mundo que o arrodea. Con estes vimbios, Sartre foi quen de artellar unha suxestiva e inquietante historia de corte psicolóxico na que confronta o colectivo co individual, sempre dende unha perspectiva crítica para cos conservadorismos e as ataduras da época.

Non é casual polo tanto que esta senlleira novela de Jean-Paul Sartre recibise un ano despois de publicada o Premio Populista, que dende 1929 recompensa anualmente unha obra francesa de ficción que «prefira xente do común como personaxes e ambientes populares como escenario, e en cuxa trama se perciba unha verdadeira humanidade».

En línea

Boulevar. Libraría y Edicións

👋 Ola! Grazas por contactar connosco. Dinos como podemos axudarche e responderémosche canto antes.

16:32