A inocencia dos insectos

16.5
  • Linguas
    • Galego
  • Xénero
    • Narrativa para adultos
  • Editorial
    • Cuarto de inverno
  • Autor
    • Fabio Rivas

Fabio Rivas reúne neste volume unha colección de relatos premiados en diferentes certames, un entremés e mais un texto inédito que ven agora a luz, varios anos despois da publicación do seu primeiro libro.

Unha cerimonia vodú en Benín, unha muller que se prepara para bordar o seu propio sudario, un pai disposto a todo por conservar o amor da súa filla ou os segredos que sobreviven durante xeracións conviven neste universo onde a culpa, a memoria e o desexo empurran os personaxes cara a decisións que non teñen volta atrás.

Cunha prosa que bebe da tradición oral e unhas imaxes nacidas da cultura popular, o autor achéganos uns contos que, lonxe de rematar na derradeira páxina, se acubillan dentro de cada un dos lectores.

 
 

En línea

Boulevar. Libraría y Edicións

👋 Ola! Grazas por contactar connosco. Dinos como podemos axudarche e responderémosche canto antes.

14:41