A lente de diamante

6
  • Linguas
    • Galego
  • Xénero
    • Tradución
  • Editorial
    • Hugin e Munin
  • Autor
    • Fitz-James O'Brien

A lente de diamante é unha obra de fantasía cargada de amor pola ciencia; así se explica que, para a súa elaboración, o escritor Fitz-James O’Brien tivese que se documentar a eito, un feito que é posible constatar nas diversas alusións a múltiples personaxes e invencións da época. Para esta historia, o autor atreveuse a especular, dun xeito tan atractivo coma delirante, sobre o descoñecido mundo microscópico e os seres minúsculos que nel habitarían. Fíxoo con sutileza, bosquexando unha trama que avanza con fluidez e gracilidade, mesmo nas pasaxes que na teoría poderían resultar as máis complexas, é dicir, nas de corte psicolóxico.

A capacidade, mesmo poética, do autor irlandés para crear atmosferas torna evidente neste longo relato nimbado de inquietude e desconcerto. O lector gozará con este texto pre-cursor da ciencia ficción e do surrealismo, publicado orixi-nalmente pola revista norteamericana The Atlantic Monthly en 1858, e que na actualidade está considerado a obra cumio de O’Brien.

En línea

Boulevar. Libraría y Edicións

👋 Ola! Grazas por contactar connosco. Dinos como podemos axudarche e responderémosche canto antes.

08:13