Curiosidade

16
  • Linguas
    • Galego
  • Xénero
    • Poesía para adultos
  • Editorial
    • Aira
  • Autor
    • Estíbaliz Espinosa
    • Celsius Pictor

A poeta observa o mundo. A poeta esculca co ollo apegado ao telescopio os misterios do universo. A poeta contempla a través do microscopio a harmonía e o caos das moléculas. A poeta mira e escribe. Estíbaliz Espinosa proponnos en Curiosidade que cambiemos o punto de vista sobre as cousas para encontrar unha nova ollada. A relación entre literatura e ciencia. O pulso da vida e a experiencia destiladas até dar coa palabra, co verso perfecto.

Curiosidade é a primeira obra da colección Fina Rei, que reúne obras de poesía escritas por mulleres.

 

En línea

Boulevar. Libraría y Edicións

👋 Ola! Grazas por contactar connosco. Dinos como podemos axudarche e responderémosche canto antes.

07:58