Elias Portolu

14.5
  • Linguas
    • Galego
  • Xénero
    • Tradución
  • Editorial
    • Hugin e Munin
  • Autor
    • Grazia Deledda

Ademais de Elias Portolu ser unha obra escrita con minuciosidade, romanticismo e un certo aire rexionalista verdadeiramente cativador, Grazia Deledda imprímelles aos seus personaxes protagonistas, Elias e Maddalena, unha complexidade psicolóxica máis que notoria; os conceptos de culpa, modestia e represión física e psíquica, tan propios da relixión católica, a da autora, entrelázanse seguido para, ao cabo, tecer un drama colectivo.

A novela propón bastante máis ca unha simple visión mística da vida, onde a relixión sería a balsa de salvación fronte ao exceso pasional. Así, por exemplo, encerra unha lectura sexual oculta que seguro non mencionan aquelas ordes conventuais que a listan como de lectura obrigatoria. Outro punto de interese, por se aínda non fose abondo para espertar a curiosidade do lector, está na visión da Sardeña da época, tan estantía na súa estrutura social.

En línea

Boulevar. Libraría y Edicións

👋 Ola! Grazas por contactar connosco. Dinos como podemos axudarche e responderémosche canto antes.

09:32