Historia dunha granxa africana

15.5
  • Linguas
    • Galego
  • Xénero
    • Tradución
  • Editorial
    • Hugin e Munin
  • Autor
    • Olive Schreiner

Historia dunha granxa africana, publicada por vez primeira en lingua inglesa en 1883 e encomiada de maneira recente por Doris Lessing ou Coetzee, é a obra máis coñecida e estudada de Olive Schreiner, unha escritora ineludible das letras de África do Sur. O texto presenta un feitío realista, con pinceladas do tradicionalismo e o racionalismo do século XIX no mundo anglosaxón. A nivel estrutural, é unha novela rica en recursos narratolóxicos —cartas, soños, sermóns, cancións populares, himnos…— e amosa unha solidez que contrasta cun dos seus temas principais: a fraxilidade dos seres humanos. Por outra banda, cabe sinalar o denso pouso alegórico de certas pasaxes, talvez o meirande empezo para os lectores de hoxe.

O escenario da historia é unha granxa bóer na semidesértica rexión do Karoo. É alí onde transcorre a infancia de Em, Lyndall e Waldo, dúas nenas e un neno que medran nun mundo inhóspito e cheo de limitacións por mor da relixión, das duras condicións de vida ou do rol reservado ás mulleres. Non hai polo tanto paisaxes exóticas ou idealizadas nin aventuras extravagantes, senón o desencanto e a mirada crítica —tamén colonial, cómpre non enganarse— sobre un mundo no que rara vez os soños lle gañan a partida á crueldade.

En línea

Boulevar. Libraría y Edicións

👋 Ola! Grazas por contactar connosco. Dinos como podemos axudarche e responderémosche canto antes.

16:27