Mocidade

11.5
  • Linguas
    • Galego
  • Xénero
    • Tradución
  • Editorial
    • Hugin e Munin
  • Autor
    • Joseph Conrad

Esta novela curta, Mocidade, foi publicada orixinalmente en lingua inglesa no ano 1898 na Blackwood’s Magazine, e catro anos máis tarde como volume de seu. Inscríbese na chamada narrativa marítima, un xénero que Joseph Conrad apreciaba e dominaba con mestría. Trátase ademais dunha obra até certo punto iniciática na que a historia se estrutura a partir da lembranza dunha viaxe a Oriente que o protagonista, o mariñeiro Charles Marlow (o mesmo Marlow de Lord Jim, Chance ou Corazón da escuridade), rememora para gozo dos seus compañeiros. A partir desa sinxela premisa, o autor aproveita para trasladar á ficción unha vella travesía real súa a Bangkok, a cal supuxo o seu bautismo como aguerrido home de mar.

Dáse neste texto unha interesante mestura de aventura e lirismo. Difícil será que non deixe pegada nos lectores o amor pola navegación que destila cada páxina. A melancolía, o realismo e a sensación constante de perigo e ameaza que envolven o barco protagonista do relato, o Judea, farán o resto.

 

En línea

Boulevar. Libraría y Edicións

👋 Ola! Grazas por contactar connosco. Dinos como podemos axudarche e responderémosche canto antes.

14:09