Novela de xadrez

10.5
  • Linguas
    • Galego
  • Xénero
    • Tradución
  • Editorial
    • Cartoné
  • Autor
    • Stefan Zweig

Ao decatarse de que entre eles se atopa o campión mundial de xadrez, un grupo de pasaxeiros dun transatlántico decide retar o célebre xogador. A derrota parece inevitable, até que un misterioso personaxe intervén. Quen é este individuo que afirma levar vinte anos sen ver un taboleiro de xadrez pero é capaz de enfrontarse ao extraordinario Czentovic?

A orixe dos coñecementos xadrecísticos do protagonista constitúe a cerna desta breve e intensa novela de Stefan Zweig, o derradeiro escrito que o autor austríaco deu ao prelo días antes de suicidarse. Considerada por moitos a súa obra mestra, a Novela de xadrez é a única das súas novelas na que Zweig fala abertamente do nazismo que o levou ao exilio.

En línea

Boulevar. Libraría y Edicións

👋 Ola! Grazas por contactar connosco. Dinos como podemos axudarche e responderémosche canto antes.

08:13