O demo no corpo

13
  • Linguas
    • Galego
  • Xénero
    • Tradución
  • Editorial
    • Cartoné
  • Autor
    • Raymond Radiguet

En plena Primeira Guerra Mundial, Marthe, de 18 anos e prometida cun soldado desprazado á fronte, mantén unha relación clandestina co narrador, un rapaz de 15 anos, novo de máis para ser chamado a filas.

Publicada apenas cinco anos despois de rematada a guerra, O demo no corpo supuxo todo un escándalo na Francia da época, pois poñía en cuestión o respecto debido aos soldados e retrataba o período bélico como unha época dourada para os seus protagonistas. Porén, o ton cínico e o maxistral estilo empregados por Radiguet fixeron desta novela sobre a adolescencia, a traizón e o adulterio un éxito tanto entre a crítica como entre o público.

En línea

Boulevar. Libraría y Edicións

👋 Ola! Grazas por contactar connosco. Dinos como podemos axudarche e responderémosche canto antes.

14:49