O inferno

15
  • Linguas
    • Galego
  • Xénero
    • Tradución
  • Editorial
    • Cartoné
  • Autor
    • Henri Barbusse

Mentres se instala no hotel onde vai residir, o narrador anónimo de O inferno, un mozo que acaba de chegar a París para incorporarse ao seu novo emprego nun banco, descobre un burato na parede polo que pode ver o cuarto do lado. A tentación de axexar logo se converte en verdadeira obsesión, conforme o protagonista vai presenciando as máis íntimas vivencias alleas.

Décadas antes de que Sartre afirmase que «o inferno son os outros», Henri Barbusse asumiu, en 1908, a tarefa de amosarnos ese inferno nunha novela que serviría de inspiración (non sempre recoñecida) a autores do calibre de Willa Cather, Borges ou do propio Sartre, e que adquire nova relevancia nun tempo en que medios e redes sociais nos ofrecen a oportunidade de converternos, como o protagonista da novela, en perpetuos espectadores da existencia allea.

En línea

Boulevar. Libraría y Edicións

👋 Ola! Grazas por contactar connosco. Dinos como podemos axudarche e responderémosche canto antes.

14:12