O mono Xouth

15
  • Linguas
    • Galego
  • Xénero
    • Tradución
  • Editorial
    • Hugin e Munin
  • Autor
    • Iakovos Pitsipios

Esta novela, cuxa tradución ao galego é a primeira a unha lingua romance, considérase pioneira da literatura fantástica escrita en grego moderno. Como adianta o título, céntrase nas peripecias de Xouth, un enigmático escritor e viaxeiro alemán que acabou metamorfoseado nun orangután e posto ao servizo dun home grego europeizado que finxe pertencer a unha nobre estirpe.

As peculiaridades do simio a canda sucesivos amos, a crónica satírica das viaxes e o constante intercambio cultural entre Oriente e Occidente sérvenlle ao autor, o irónico e irascible Iakovos Pitsipios, para cuestionar, fuxindo do historicismo e achegándose á picaresca, a autenticidade e a identidade da Grecia posrevolucionaria, inmersa nun clima de constantes cambios sociais e onde a presión de diversas instancias europeas se entendía como opresiva por parte de destacados sectores. Neste sentido, o autor tiña moi presente o termo «hipereuropeización», acabado de cuñar, e consideraba o gusto polos costumes estranxeiros unha sorte de autoodio por parte do pobo grego. Tampouco non era alleo a outro termo irmán: «hiperhelenización».

A través dunha hábil mestura de fantasía e cotiandade, esta obra –inacabada pero autoconclusiva– supón non só unha potente crítica dos costumes da época, senón incluso unha emenda ao concepto de civilización, presentada en forma de alegoría a varias voces; entre elas, sobre todo, a do mono.

En línea

Boulevar. Libraría y Edicións

👋 Ola! Grazas por contactar connosco. Dinos como podemos axudarche e responderémosche canto antes.

12:36