O que a marea esconde
22.9
-
Linguas
- Galego
-
Xénero
- Narrativa para adultos
-
Editorial
- Aira
-
Autor
- María Oruña
Todo está pronto para a festa de homenaxe ao ex tenista Basil Rallis a bordo da goleta La Giralda, nas fermosas augas da baía de Santander cando a organizadora, a arrebatadora Judith Pombo, aparece morta encerrada no seu camarote. Todos os invitados pasan a ser sospeitosos nun caso de asasinato aparentemente imposible.
María Oruña homenaxea as novelas de «cuarto pechado» nesta emocionante historia policial onde a tenente galega Valentina Redondo non só terá que resolver o crebacabezas do crime máis estraño da súa carreira senón tamén recompoñer as pezas da súa propia vida.