Os Malagana
-
Linguas
- Galego
-
Xénero
- Tradución
-
Editorial
- Cartoné
-
Autor
- Giovanni Verga
Na vila de Aci Trezza, en Catania, vive a laboriosa familia de pescadores Toscano, alcumada os Malagana. Do noutrora extenso clan, só fican o viúvo ‘Ntoni, o seu fillo Bastianazzo, Maruzza, a muller deste, e mais a súa pequena prole. O seu principal medio de sustento é a Providencia, a barca en que pescan. Grazas á barca e á casa en que todos conviven, os Malagana poden levar unha vida relativamente desafogada. Porén, o máis vello dos netos ‘Ntoni ten que marchar para servir no exército do Reino de Italia, e isto vai trastornar todo o modo de vida da familia.
Nesta súa obra mestra, Verga relátanos a historia de varias xeracións dunha familia de pescadores sicilianos que se esforzan por alcanzar un benestar que descoñecen nun ambiente poboado de personaxes coloridos e entusiastas, unidos por unha mesma cultura e separados por antigas rivalidades.