Pequena Inglaterra

16.5
  • Linguas
    • Galego
  • Xénero
    • Tradución
  • Editorial
    • Hugin e Munin
  • Autor
    • Ioanna Karistiani

Pequena Inglaterra é unha das novelas máis senlleiras e vendidas da literatura grega contemporánea. Publicada por vez primeira en 1997 en Atenas, reportoulle á súa autora, a cretense Ioanna Karistiani, o Premio Nacional de Literatura de Grecia. Dende aquela, sucedéronse as reimpresións e as traducións a multitude de linguas. Co mar Exeo e con Andros, a máis setentrional das illas Cícladas, como marco principal da acción, e alicerzada cos vimbios característicos dunha traxedia clásica, a obra, partindo da personaxe protagonista, Orsa Saltaferos, afonda nas vidas dunha comunidade de mariñeiros ao longo da primeira metade do século XX. Traballo, desgrazas, vodas e amores cruzados, vencellos irrenunciables, solitarias travesías, paisaxes agrestes, a guerra…

O amor, a perda, as renuncias e a sororidade son catro temas cruciais que, con acerto lírico e solvencia narrativa, a autora aborda nunha historia poboada de personaxes que foi cualificada en ocasións como melodrama moderno, tamén en canto á súa complexa estrutura.

En línea

Boulevar. Libraría y Edicións

👋 Ola! Grazas por contactar connosco. Dinos como podemos axudarche e responderémosche canto antes.

08:21