Lumes
16
Lumes (Apiario) é un dos artefactos poéticos máis relevantes da poesía galega da pasada década. Escrita polo mazariqués Ismael Ramos, esta peza constitúe un relato feroz e descarnado sobre a familia, os afectos, a intimidade e as conexións entre a vida e a morte.
Deus deunos mans para pedir esmola e amasar o pan.
Unha boca grande chea de fame distinta do bocado exacto do paxaro.
---------------
Houbo un día no que meu pai me pediu que me pegase un tiro.
Isto non é un poema.
Na casa de meus avós hai dúas escopetas.
Ía sol e decidín camiñar costa abaixo.